Inicio

Inicio     Galería     Sobre mí     Enlaces

domingo, 16 de septiembre de 2018

Leonor





 
Leonor e unha das pequenas do noso Entroido Ribeirao, eles teñen luz propia, iluminan todolos espazos son un soplo de frescura que bate na nosa esquecida infancia e aflora sorrisos, esa frescura, esa luz debería ser un dereito de todolos nenos porque e o indicativo dunha infancia feliz que dará o froito dunha plena madurez.
 
Quen mellor que Alexandra Cabana para falar da sua pequena Leonor, as palabras dunha nai son como flechiñas de amor directas o corazón:
 
De Alexandra para Leonor...

Uns pican e outros non... con esa intensidade aparece sempre a Leonor: gargallada, aperta e bicos, ou xenio, patada no chan e brazos cruzados... Mais co toque máxico de quen ten a chave do sorriso no peto, a nosa querida Mercedes Rubín nesta ocasión, aí está a resposta: a luz avelá, mel, castiñeiro dos ollos que teñen mil cousas por ver; as bochechas e as engurras de quen estoupa de alegría; verde, branco, vermello, luminosa infancia; boca chea de palabras e amor, e un grande corazón de flores de papel, corazón de entroido ribeirao, o das mil cores que chaman pola primavera.



________________________________________________________________
* 1/200 sec * f 5 * 105 mm * ISO 100
Leonor
Alexandra Cabana
________________________________________________________________

1 comentario :

d:D´ dijo...

:))´
Fabulosa é chea de tenrura
Unha cantiga que podias por, e xa m´contarás:

https://youtu.be/FfQ__7taUI8

Bicos a moreas e deicaludos d:D´